Enxeñaría Industrial (2007) | UVigo
Director de Operacións AM en Cofle Group (desprazado en Turquía)
Produción industrial
A produción industrial das fábricas non parou. Con maior ou menor normalidade o traballo continúa, adaptándose á situación con medidas excepcionais de illamento.
Entre as medidas adoptadas pola industria, destaca:
- Extensión do teletraballo ao máximo posible.
- Redución do persoal de oficina ao mínimo, aplicando axustes como a rotación de persoal de oficina que combinan o teletraballo, traballo presencial e período vacacións.
- Aumento, sempre que posible, do número de turnos produtivos para diminuír a cantidade de traballadores simultáneos nas zonas de traballo en planta.
- Redución ao mínimo imprescindible das reunións presenciais.
- Peche das visitas non programadas e redución das mesmas ao mínimo indispensable.
- Limpeza e desinfección frecuente das áreas de traballo.
Lombardía, a “zona cero”
A situación nesta rexión, especialmente nalgunha área como Bérgamo, é moi crítica. Así sendo, o seu hospital, Papa Giovanni XXIII, un moderno complexo hospitalario aberto en 2012, está nunha situación dramática, pois chegou ao punto do colapso sanitario; isto é, con todos os postos de UCI ocupados, incluíndo as novas camas creadas pola situación de emerxencia. Alén diso, detéctase a falta de equipamentos (respiradores), elementos de protección (máscaras) e todo tipo de material sanitario. Varias empresas víronse na necesidade de reconverter a súa produción para elaborar este tipo de material. As vítimas mortais da pandemia acumúlanse, sendo transportados polo exército para incinerar.
Confinamento total
Na Rexión da Lombardía e, en xeral, en toda a Italia, a xente está concienciada da necesidade de quedar confinada nas súas casas e as rúas das vilas e cidades están desertas. Esta semana esperábase que as drásticas medidas tomadas polo goberno comezasen a causar efecto, mais polo momento os casos de contaxio continúan a aumentar de forma exponencial. Porén, nos últimos días móstrase algún sinal de esperanza, pois a porcentaxe de aumento diminuíu a respecto do dia anterior.