Ricardo Losada Mateo
Licenciatura en Química (2001) | UVigo
Doutoramento en Enxeñaría Química (2011) | UVigo
Especialista Senior no Danish Technological Institute en Aarhus
No meu caso estamos a vivir esta situación dun xeito bastante especial, xa que nos colleu a pandemia mentres estábamos de baixa de paternidade en Galicia. De un día para outra outro pecháronse as fronteiras e quedamos aquí sen saber con certeza cando poderemos voltar. Os nosos nenos aínda son moi pequenos (3 anos o maior e 7 meses a pequena) así que lles da un pouco igual e a miña muller aínda ten baixa de maternidade ata xullo. No meu caso, tíñame que ter incorporado a mediados de marzo pero o non poder, o centro no que traballo púxome facilidades para que poda seguir teletraballando dende Galicia ata que a situación se normalice e podamos voltar.
Aínda que lonxe, mantémonos ó tanto da situación en Dinamarca pola prensa, amigos e compañeiros de traballo, e polo que nos chega a situación está, dentro do que cabe, bastante normalizada, nunca se chegou a unha situación que demandase o confinamento que estamos a ter en Galicia. De feito, está previsto que esta semana volten abrir as institucións para nenos entre 0 e 5 anos. No que respecta as empresas, dende que empezou o confinamento estase a priorizar o teletraballo cando é posible. É certo tamén, que nos paises nórdicos o teletraballo está bastante normalizado en calquera circunstancia, non solo en situacións especiais.
Un saúdo a todos e desexando que pronto podamos voltar a normalidade.