Iago Vázquez
Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electrónica Industrial (2012) | UVigo
Vive e traballa en Bremerhaven (Bremen)
Dende o ano 2012 estou traballando en Alemaña, e agora mesmo, dende febreiro do 2020, na cidade de Bremerhaven na empresa Symex GmbH & Co. KG.
No que se refire a dentro da empresa teño que dicir, que o tema da pandemia de COVID-19 tomouse de forma seria dende o primeiro momento, chegando incluso a dividir a xente en dous turnos de traballo, e nos casos posibles, a realización do teletraballo.
Por desgracia, no que se refire a vida cotiá non se pode dicir o mesmo. As únicas medidas reais que se tomaron foron o peche de parques, garderías, escolas e universidades, manter unha distancia de seguridade de 1,5m e non tocar a ninguén. Eu tan só podo falar da miña experiencia en Bremerhaven, e por desgracia, continuamos vendo todos os días grupos de xente nas rúas e nos parques, o transporte urbano ateigado de xente igual que nos supermercados.
Para rematar, dicir que os datos que está publicndo Alemaña, penso realmente que non son reais, xa que continuamente estamos escoitando testimonios de xente e conocidos que teñen a súa parella infectada na casa, e non se fai ningún test a ningunha outra persoa.