Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (2004)
Enxeñaría Técnica Agraria, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias (2000)
HSE Business Partner en Schneider Electric
A evolución sobre a situación actual de Australia en relación á Covid-19 en xeral é moi boa en comparación con Europa ou América debido ás estritas medidas de seguridade impostas polo Goberno Australiano. No estado de Victoria, a cidade de Melbourne rematou fai unas semanas un dos confinamentos máis longos e estritos do mundo, o cal axudou considerablemente a diminuír o número de novos contaxios. A día 2 de decembro no estado de NSW (New South Walsh) onde eu resido levamos 25 días sen ningún novo caso adquirido localmente. Debido a este progreso, as restricións impostas polo goberno australiano en relación ao coroavirus relaxáronse máis o 1 de decembro, o cal é un paso cara adiante, aínda que as autoridades australianas seguen moi vixilantes para evitar un posible repunte.
A miña "nova normalidade" tanto desde o punto de vista persoal como profesional cambiou moito desde o comenzo da pandemia. No ámbito laboral, miña empresa, como moitas outras, implementou o teletraballo en todos os casos nos que era posible, ata ben entrado o mes de setembro, e agora ofrece a posibilidade de traballar desde casa ou desde a oficina, o cal foi moi ben acollido entre os traballadores.
No ámbito persoal eu quedei embarazada a principios de ano e debido ás restricións todo o seguimento to embarazo así como o alumeamento do meu fillo foi unha experiencia bastante diferente do que eu esperaba. A maioría das consultas ao meu marido non lle estaba permitido atender e durante a nosa estancia no hospital non poidemos recibir ningunha visita como medidas de precaución.
Aínda que a situación mellorou considerablemente no país, as fronteiras do estado de WA (Western Australia), onde reside a familia do meu marido, levan pechadas para NSW desde o principio da pandemia e acábase de anunciar que voltarán a abrilas o 8 de decembro. Esta noticia foi moi ben acollida, xa que se prevé o desprazamento de moitas persoas para poder disfrutar das festas de nadal en compañía dos seus seres queridos.
O peche de fronteiras co extranxeiro non só está a afectar ao tránsito de viaxeiros, xa que levamos desde o principio da pandemia sen poder recibir ningún tipo de paquete por correos con procedencia de España, si se poden enviar desde Australia pero non se pode recibilos.
Con respecto a viaxar a España a situación é moi complicada, xa que para facelo, son requiridos permisos especiais emitidos polas autoridades, que non son doados de obter, e á volta, é obrigatorio facer a cuarentena nun hotel que temos que pagar do noso peto. Desafortunadamente ata que a situación en Europa mellore considerablemente o Goberno Australiano non planea abrir as súas fronteiras, fálase que posiblemente non suceda ata finais do 2021. Algunhas aeroliñas xa fixeron comunicados de que será obrigatorio pór a vacina para a Covid-19 cando estea dispoñible para poder viaxar nos seus avións.
Mentres que esta situación continúe só nos queda recurrir á tecnoloxía para poder comunicarnos coas nosas, familias agardando poder velos en persoa nun futuro esperemos que non moi lonxano.