Iago Vázquez
Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electrónica Industrial (2012) | UVigo
Vive e traballa en Bremerhaven (Bremen)
Non houbo moitos cambios en Alemaña a respecto da última vez. A xente continúa moi relaxada coa situación do virus, e mesmo se realizan manifestacións contra as medidas que se toman para convater o impacto do virus.
De feito, hoxe 16 de decembro comeza un "confinamento duro", pero que apenas trae cambios respecto a como se estaba antes. Incluso nalgunhas cidades son permitidos algúns dos tradicionais mercados de nadal; iso sí, moito máis reducidos que antes.
Mentres a xente non sexa consciente de que o final desta pandemia só depende de cada un de nós, só conseguiremos retrasar o seu final.