mércores, 13 de maio de 2020

Eva Prieto | Diplomada Mestra en Educación Especial | Londres

Eva Prieto Arbor
Diplomatura en Mestra, especialidade de Educación Especial (2008)| UVigo
Mestrado Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo (2010) | UVigo
Vive e traballa como mestra de Educacion Especial en Londres

Proveniente dunha pequena aldea, Manzos, Louredo, Maside (Ourense), aterrei na Gran Bretaña, Londres aló polo 2013.

Como mestra de Educación Especial, o noso lockdown comeceu no pasado 19 de marzo 2020. 

En Londres non se impuxo nada, simplemente se aconsellou por favor queden nas súas casas e só saían á rúa para comprar comida, medicinas e unha hora para pasear ou facer deporte.

Esa “hora” de deporte ou paseo ninguén a controlaba polo que todo mundo podia sair a mesma hora.

Polo tanto aquí a xente que podía traballar dende a casa seguimos traballando e o resto de vacacións pagadas paseando nos parques e facendo deporte.

Eu persoalmente nunca vira as rúas tan cheas de xente e os parques tan abarrotados de persoas.

Sen enquecerme de mencionar que pensaba que se estaba levando a cabo o “Tour de Francia” porque na miña vida vira tantos ciclistas  xuntos nas estradas de Londres . 

Aquí o goberno axuda ás persoas polo tanto seguen tendo como mínimo un salario do 80%.

Outra cousa que me sorprendeu é ver coches cheos de mobles, non sabía se as persoas estaban a fuxir coa casa nas costas. Mais o que estaba a acontecer é que as persoas foron ó Ikea a renovar as súas casas. 

O comportamento desta cidade eu describiríao un pouco ignorante e egoísta porque vin cos meus ollos festas veciñais, barbacoas, partidos de balonpé no parquet, etc pero eu nada podía reclamar porque o goberno aquí non puxo medidas estritas.

Agora para colmo dos colmos temos Liberdade de ir á rúa as horas que queiramos, ir á praia, e ata quedar con amigos ou familiares no parque pero non voltar ó traballo…

Outra cousa pola que estou moi enfadada é que abren as escolas en xuño pero outros servizos e empresas ata xullo ou incluso outubro non.  Pero quedadas cos familiars e amigos nos parques si.

Non quero esquecerme de contarvos a miña experiencia na miña escola:

A escola sempre se mantivo aberta tres días á semana para un pequeno grupo de estudantes que os pais traballan en hospitais, supermercados ou farmacias. Tamén para algún alummno cun perfil  especial de risco. 

Fixemos grupos de mestres e asistentes voluntarios cada semana,  no total 5 grupos. 

Temos materias de protección pero a maioría dos meus colegas non usan máscaras, nen luvas, nen sequera respeitan os dous metros de distancia. 

Eu queixeime deste comportamento, pero como é voluntario usar ou non protección, pois nada podo facer…

Síntome frustada vendo como as persoas fan o que queren, sen máis.

Aquí o goberno, como veredes nas noticias, non dá guías claras para seguir, entón a xente fai o que quere. 

Nunca pensei que me dera tanto medo a Liberdade!

Atentamente con morriña.

Guillermo Pérez | Enxeñeiro Industrial | Viena

Enxeñaría Industrial, especialidade en Deseño e Fabricación Industrial (2009) | UVigo
Vive en Viena desde 2010 e traballa como System Integrator on Metro Projects for Siemens Mobility na coordenación de parte do equipo de enxeñaría no desenvolvemento dun vehículo de metro.

A situación xeral en Austria foi sempre un chisco mellor que en España. Decretouse o confinamento na mesma data que en España, pero con moitos menos casos. Os hospitais non se saturaron en ningún momento e a taxa de mortalidade é moito menor. Sempre se permitiu pasear cos membros cos que se convive e en maio permítese tamén toparse con xente, mantendo distancias e seguindo as normas sanitarias.

No meu traballo, recomendaron e facilitaron a todos os traballadores de oficina a teletraballar, isto pasou a ser obrigatorio en abril despois dun grupo de positivos de CoVid nun laboratorio. En maio pódese volver á oficina, pero segue recomendándose o teletraballo. As oficinas teñen uña redución de capacidade, a maioría das salas de reunión están pechadas. 

A producción diminuíu pero nunca parou.

As comunicacións no traballo eran, xa antes do illamento, por videoconferencia. Polo que o cambio foi pequeno e pódese traballar con relativa nomalidade mentres a infrastrutura de telecomunicacións non se sature. No meu caso, a empresa xa estaba preparada para o teletraballo, tivo que tomar medidas para reforzar a capacidade de accesos externos ó sistema e a Intranet, pero isto tamén sucedeu nas primeiras semanas.

No meu caso particular, podo desenvolver as miñas funcións a través de teletraballo sen problemas. Teño un espazo dedicado en casa, que comparto coa miña esposa.

O principal reto para traballar con normalidade é que todo o sistema educativo deixou de ser presencial e por iso, o noso fillo de dous anos deixou de acudir á guardería. Para este fin as empresas deron permisos especiais, dun máximo de 3 semanas ata fin de maio, en coordinación co goberno para cubrir este periodo. A partir de maio, a guardería abriu a menor capacidade e o noso fillo acode nun horario reducido.

En resumo, comparando coa situación galega, sempre tivemos algunha liberdade extra que fixo que o estrés pola situación fora algo menor que en España. Hai uña comunicación clara e transparente en xeral, con algúns titubeos lóxicos por un cambio tan grande.