Enxeñaría Industrial, especialidade en Deseño e Fabricación Industrial (2009) | UVigo
Vive en Viena desde 2010 e traballa como System Integrator on Metro Projects for Siemens Mobility na coordenación de parte do equipo de enxeñaría no desenvolvemento dun vehículo de metro.
A situación xeral en Austria foi sempre un chisco mellor que en España. Decretouse o confinamento na mesma data que en España, pero con moitos menos casos. Os hospitais non se saturaron en ningún momento e a taxa de mortalidade é moito menor. Sempre se permitiu pasear cos membros cos que se convive e en maio permítese tamén toparse con xente, mantendo distancias e seguindo as normas sanitarias.
No meu traballo, recomendaron e facilitaron a todos os traballadores de oficina a teletraballar, isto pasou a ser obrigatorio en abril despois dun grupo de positivos de CoVid nun laboratorio. En maio pódese volver á oficina, pero segue recomendándose o teletraballo. As oficinas teñen uña redución de capacidade, a maioría das salas de reunión están pechadas.
A producción diminuíu pero nunca parou.
As comunicacións no traballo eran, xa antes do illamento, por videoconferencia. Polo que o cambio foi pequeno e pódese traballar con relativa nomalidade mentres a infrastrutura de telecomunicacións non se sature. No meu caso, a empresa xa estaba preparada para o teletraballo, tivo que tomar medidas para reforzar a capacidade de accesos externos ó sistema e a Intranet, pero isto tamén sucedeu nas primeiras semanas.
No meu caso particular, podo desenvolver as miñas funcións a través de teletraballo sen problemas. Teño un espazo dedicado en casa, que comparto coa miña esposa.
O principal reto para traballar con normalidade é que todo o sistema educativo deixou de ser presencial e por iso, o noso fillo de dous anos deixou de acudir á guardería. Para este fin as empresas deron permisos especiais, dun máximo de 3 semanas ata fin de maio, en coordinación co goberno para cubrir este periodo. A partir de maio, a guardería abriu a menor capacidade e o noso fillo acode nun horario reducido.
En resumo, comparando coa situación galega, sempre tivemos algunha liberdade extra que fixo que o estrés pola situación fora algo menor que en España. Hai uña comunicación clara e transparente en xeral, con algúns titubeos lóxicos por un cambio tan grande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario