Eva Prieto Arbor
Diplomatura en Mestra, especialidade de Educación Especial (2008)| UVigo
Mestrado Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo (2010) | UVigo
Vive e traballa como mestra de Educacion Especial en Londres
Proveniente dunha pequena aldea, Manzos, Louredo, Maside (Ourense), aterrei na Gran Bretaña, Londres aló polo 2013.
Como mestra de Educación Especial, o noso lockdown comeceu no pasado 19 de marzo 2020.
En Londres non se impuxo nada, simplemente se aconsellou por favor queden nas súas casas e só saían á rúa para comprar comida, medicinas e unha hora para pasear ou facer deporte.
Esa “hora” de deporte ou paseo ninguén a controlaba polo que todo mundo podia sair a mesma hora.
Polo tanto aquí a xente que podía traballar dende a casa seguimos traballando e o resto de vacacións pagadas paseando nos parques e facendo deporte.
Eu persoalmente nunca vira as rúas tan cheas de xente e os parques tan abarrotados de persoas.
Sen enquecerme de mencionar que pensaba que se estaba levando a cabo o “Tour de Francia” porque na miña vida vira tantos ciclistas xuntos nas estradas de Londres .
Aquí o goberno axuda ás persoas polo tanto seguen tendo como mínimo un salario do 80%.
Outra cousa que me sorprendeu é ver coches cheos de mobles, non sabía se as persoas estaban a fuxir coa casa nas costas. Mais o que estaba a acontecer é que as persoas foron ó Ikea a renovar as súas casas.
O comportamento desta cidade eu describiríao un pouco ignorante e egoísta porque vin cos meus ollos festas veciñais, barbacoas, partidos de balonpé no parquet, etc pero eu nada podía reclamar porque o goberno aquí non puxo medidas estritas.
Agora para colmo dos colmos temos Liberdade de ir á rúa as horas que queiramos, ir á praia, e ata quedar con amigos ou familiares no parque pero non voltar ó traballo…
Outra cousa pola que estou moi enfadada é que abren as escolas en xuño pero outros servizos e empresas ata xullo ou incluso outubro non. Pero quedadas cos familiars e amigos nos parques si.
Non quero esquecerme de contarvos a miña experiencia na miña escola:
A escola sempre se mantivo aberta tres días á semana para un pequeno grupo de estudantes que os pais traballan en hospitais, supermercados ou farmacias. Tamén para algún alummno cun perfil especial de risco.
Fixemos grupos de mestres e asistentes voluntarios cada semana, no total 5 grupos.
Temos materias de protección pero a maioría dos meus colegas non usan máscaras, nen luvas, nen sequera respeitan os dous metros de distancia.
Eu queixeime deste comportamento, pero como é voluntario usar ou non protección, pois nada podo facer…
Síntome frustada vendo como as persoas fan o que queren, sen máis.
Aquí o goberno, como veredes nas noticias, non dá guías claras para seguir, entón a xente fai o que quere.
Nunca pensei que me dera tanto medo a Liberdade!
Atentamente con morriña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario