xoves, 16 de abril de 2020

Ye Rodríguez | Licenciada en Tradución e Interpretación | Illa da Réunion

Ye Rodríguez  (Ye Broussolle en Francia)
Licenciada en Tradución e Interpretación Galego-Francés (2006) | UVigo
Vive e traballa como profesora de español nun instituto público na Illa da Réunion (Océano Índico/Francia) desde setembro de 2007

Na Illa da Réunion estamos algo máis protexidos do virus ca en Europa grazas á insularidade e a calor.

Contamos con menos de 400 casos de Coronavirus, dende hai dous días xa non hai ningún caso novo e non contamos con ningunha morte. Como hai poucos casos todos poden recibir unha atención médica de cantidade e de calidade.

O confinamento non é moi difícil xa que temos bo tempo, calor, casa con xardín e piscina privados. Teño un neno de tres anos co que temos que xogar e facer algunhas actividades pero é un tempo precioso que pasamos en familia (o meu home, o meu neno e mais eu). Teño moita sorte de ter unha familia tan marabillosa.

O traballo estame a resultar bastante complicado pero vaise facendo. Son profesora de lingua estranxeira (español) funcionaria do estado francés nun instituto (alumnos de 15 a 18 anos). Dou clases virtuais aos alumnos e poño actividades e videos na plataforma do centro para que os alumnos teñan unha continuidade escolar. Francia decidiu este sistema inda que a Selectividade será avaliada con control continuo e as notas do confinamento non contan. Isto dificulta un pouco a presenza dos alumnos, como xa están aprobados pois non veñen a clase en liña.

As clases virtuais son complicadas porque non todas as conexións son boas, os micros non funcionan sempre e ao alumnado cústalle máis participar, todo é menos espontáneo.

En principio estamos confinados ata o 11 de maio coma todo o territorio francés pero vista a evolución da illa, o estado francés quere facer unha rexión piloto de desconfinamento a partir do 4 de maio, inda que nada está decidido. Dame algo de medo esta decisión, pero haberá que facer o esforzo sempre e cando os aeroportos da illa sigan pechados. 

O desconfinamento como profesora…. Moitas preguntas sen resposta : cantos alumnos na sala? Trinta alumnos nunha sala de 40m2? Que medidas de seguridade adoptar (máscaras, luvas, etc)? Como lavar as mans de 1000 alumnos con só 20 lavabos? A verdade é que me asusta bastante. E que facer do meu neno na escola infantil? Os cativos non saben respectar as regras de hixiene…. 

Este é un momento duro pero o máis importante é a lección que saquemos desta experiencia. A familia e os amigos son moi importantes. A nosa sociedade sen os sistemas públicos non funciona (persoal sanitario, educativo) e os empregos non deben menospreciarse (caixeiro, repoñedor, agricultor) porque grazas a eles todos estamos sobrevivindo a esta crise.

Deica pronto!

Alberto Álvarez | Enxeñeiro de Telecomunicación | Bogotá D.C.

Enxeñaría de Telecomunicación (1996) | UVigo
Xerente de Tecnoloxía en Santander Consumer Finance

En Colombia, afortunadamente, el impacto de la pandemia es moderado en términos de número de infectados. Quizás tenga que ver con que el primer caso se detectó a comienzos de marzo y solamente se esperó dos semanas para dar inicio a las medidas de confinamiento. Puede haber ayudado también el hecho de que en este país no es raro el uso de la mascarilla, cuando se tiene un catarro o una gripe, para evitar contagiar a otras personas. Yo la he utilizado en alguna de esas situaciones, incluso en casa.

A pesar de que el carácter latino del país me llevó a pensar, inicialmente, que el respeto a estas medidas iba a dejar mucho que desear, la realidad es que en la zona donde vivo se percibe un nivel aceptable de seguimiento. Sin embargo, parece que no sucede lo mismo en las zonas costeras, de clima tropical. Me surge la inquietud de poder comparar este comportamiento con el de España, porque es una de las referencias que tenemos para saber si podemos esperar una evolución similar en el número de infectados, así como la duración de la situación de emergencia.

En el terreno profesional tengo la suerte de poder trabajar desde casa, con algunos inconvenientes producidos por no poder disponer de respuesta de algunas personas de forma rápida. También cuesta un poco acostumbrarse a la necesidad de tener que organizar reuniones para cuestiones que habitualmente se resolvían de forma presencial sin mayores preámbulos. En general, en este aspecto no me parece que haya gran diferencia entre la experiencia que supongo se tiene en España y la que he veo en Colombia.

mércores, 15 de abril de 2020

Silvia Gómez | Dr. Licenciada en Ciencias do Mar | Valparaíso

Silvia Gómez
Licenciatura en Ciencias do Mar (2012) | UVigo
Vive e traballa como Investigadora Postdoc en Valparaíso

Dende o ano 2013 vivo en Chile onde realicei o meu doutoramento en Ciencias da Acuicultura. Agora mesmo os proxectos de investigación nos que estaba traballando están parados, polo que estou escribindo os artigos científicos que teño pendentes.

A situación en Chile non é doada, o país ven dunha revolta social moi forte que comezou en outubro de 2019. Esta situación, que xa viña mantendo a economía dunha forma ralentizada, xurdiu pola profunda desigualdade que existe, a privatización de case todos os sectores básicos e a pouca seguridade social que ten a maioría da poboación. De feito, o día 27 de abril íase realizar un plebiscito para decidir a formulación dunha nova Constitución, que agora se aprazou pola situación actual.

A miña situación é privilexiada, pero Chile é un país cun nivel de desigualdade elevado e onde moita xente traballa “ó día” de maneira informal e sen ningún tipo de contrato. Esa xente segue a saír ás rúas para poder sobrevivir neste tempo de incertidume.

Agora mesmo, as fronteiras atópanse pechadas, e o Goberno decretou o que chamaron “corentena dinámica”, que consiste en que só algúns sectores de Santiago (con máis de 7 millóns de habitantes) e algunhas cidades se atopan en corentena total dende hai 2-3 semanas. O resto de lugares teñen unha “corentena preventiva” ou recomendada. O que si se decretou en todo o país foi o toque de queda nocturno, polo que se debe estar na casa de forma obrigatoria dende as 10pm ata as 5am. Ó parecer, algunhas destas medidas poderían estar funcionando, xa que o aumento dos contaxios está sendo lineal e non exponencial ata o de agora, e os falecementos non superan os 100 casos en total. Tamén pode ser debido a que aquí a media de idade é menor en comparación con Europa.

Dende o 16 de marzo foron suspendidas as clases dende a educación infantil ata a universidade, e a maioría de centros educativos están realizando as súas clases vía virtual. Os lugares públicos como cines, teatros, centros comerciais, bares ou restaurantes tamén están pechados.

Chile é o país de América Latina que máis test está a realizar na súa poboación. De todos os xeitos, o modo de conteo e as estatísticas acerca do virus xeran algunhas dúbidas e o seguemento das persoas contaxiadas non sempre é efectivo. É por isto que o Colexio Médico declarou que o Goberno debía ser máis transparente cos datos e informar de xeito máis veraz á poboación. 

Dentro de todo este panorama, quero destacar que Chile é un país moi solidario, a súa xente está moi acostumada a desastres naturais que afectan a esta zona periodicamente, como terramotos, tsunamis ou erupcións volcánicas. Teñen un sentido da solidariedade e de axuda mutua que eu boto en falta en España. Non me queda dúbida de que sairán desta, e con máis forza para pedir as condicións que estaban a esixir antes do inicio desta pandemia.

Moita forza a tod@s, e ánimo!

Jhan Herrera | MU en Enxeñaría Telemática | Barranquilla

Jhan Herrera Pérez
Mestrado Universitario en Enxeñaría Telemática (2011) | UVigo
Enxeñaría de Software | Universidad del Norte de Barranquilla
Doutoramento en Educación | Universidad de Baixa California (México)
Docente nun colexio público

Soy docente en un colegio público aquí en la ciudad de Barranquilla. Ahora mismo estamos en cuarentena hasta el día 27 de abril, no he salido absolutamente para nada a la calle, en mi casa tenemos a un familiar que se encarga de hacer las compras y al regresar tiene las precauciones del caso para estar bien, espero que esto pronto pase. 

Las clases serán virtuales desde el día 20 de abril hasta el 31 de mayo por lo pronto, será una nueva experiencia ahora estando yo en la otra cara de la moneda, es decir como docente y no como estudiante. 

Mi ciudad se ha venido preparando para lo que será el pico mas alto de la pandemia, espero que nos sigamos cuidando en este tiempo para que cuando esto pase, podamos juntarnos y estemos todos. 

Un saludo gigante.

martes, 14 de abril de 2020

Ricardo Losada | Dr Licenciado en Química | Aarhus

Ricardo Losada Mateo
Licenciatura en Química (2001) | UVigo
Doutoramento en Enxeñaría Química (2011) | UVigo
Especialista Senior no Danish Technological Institute en Aarhus

No meu caso estamos a vivir esta situación dun xeito bastante especial, xa que nos colleu a pandemia mentres estábamos de baixa de paternidade en Galicia. De un día para outra outro pecháronse as fronteiras e quedamos aquí sen saber con certeza cando poderemos voltar. Os nosos nenos aínda son moi pequenos (3 anos o maior e 7 meses a pequena) así que lles da un pouco igual e a miña muller aínda ten baixa de maternidade ata xullo. No meu caso, tíñame que ter incorporado a mediados de marzo pero o non poder, o centro no que traballo púxome facilidades para que poda seguir teletraballando dende Galicia ata que a situación se normalice e podamos voltar. 

Aínda que lonxe, mantémonos ó tanto da situación en Dinamarca pola prensa, amigos e compañeiros de traballo, e polo que nos chega a situación está, dentro do que cabe, bastante normalizada, nunca se chegou a unha situación que demandase o confinamento que estamos a ter en Galicia. De feito, está previsto que esta semana volten abrir as institucións para nenos entre 0 e 5 anos. No que respecta as empresas, dende que empezou o confinamento estase a priorizar o teletraballo cando é posible. É certo tamén, que nos paises nórdicos o teletraballo está bastante normalizado en calquera circunstancia, non solo en situacións especiais.

Un saúdo a todos e desexando que pronto podamos voltar a normalidade.