mércores, 25 de marzo de 2020

Gloria Alonso | Licenciada en Belas Artes | Berlín

Gloria Alonso
Licenciatura en Belas Artes (2010) | UVigo
Vive e traballa como docente en Berlín

Na miña opinión, desde a experiencia destes anos en Alemaña e coas informacións que todos temos en internet a cerca do COVID-19:

Os Alemáns son de natureza máis fríos e individualistas. Non fan tanta vida social coma nos países onde sae o sol. Non lles supón un problema non achegarse 2 metros os uns aos outros, polo que son capaces de manter esas regras sociais tranquilamente. Nin se abrazan tanto. Nin falan tan enerxicamente. Son máis moderados en todo.

A xente maior, que desgraciadamente, son a maioría máis prexudicada en Italia e España, aquí non viven nas grandes cidades como Berlín. Eles viven ou en residencias de anciáns ou nas súas casas no campo illadas das grandes poboacións. Non son familiarmente tan cercanos coma nós.

Penso que o virus chega máis de vagar por esas razóns, e tamén contando co exemplo dos países veciños, polo que xa están en previo aviso e cóidanse das regras, o que se traduce en menos xente de golpe nos hospitais.

Ademais, parece ser que contan con máis infraestrutura e maquinaria específica cá nós para coidados intensivos nos hospitais...

Ningún comentario:

Publicar un comentario