Licenciatura en Física (2005) | UVigo
Doutor en Fisica (2010) | UVigo
PostDoc no Departamento de Física | UVigo
A pandemia do Covid-19 na rexión centro de Portugal onde vivo está en un termo medio entre as principais zonal afectadas que é Porto e Lisboa. Atá a data do 21 de marzo temos 137 casos detectados, aproximadamente 5 veces menor que que as zonas mais afectadas.
A percepción ate agora é que o Covid-19 está a golpear con menor intensidade. O sistema de saúde de momento non chegou a unha situación de sobrecarga, con 135 persoas ingresadas no total do pais, 35 de eles na UCI.
A sensación, polo menos na zona centro, é de aparente normalidade con as medidas de protección que se van tomando de forma paulatina. Con todo, a tendencia dos casos positivos vistos en España e Italia, fixo que en Portugal comezaran a tomar medidas drásticas esta semana, con o confinamento nas casas, peche de bares e restaurantes, pequenos comercios e o control das fronteiras. Esta situación fai imposible saír do pais, só posible para traballadores na fronteira ou transporte de material. A semana pasada xa se notou a escaseza nos supermercados, mais ben debido a compra compulsiva de produtos básicos e de limpeza como papel, alcol e xabón. Na rexión de Aveiro onde eu vivo, o abastecemento e transportes públicos funcionan sen problema aínda que con moita menos xente pola rúa. A este escenario contribúe a falta de turistas que acostuman visitar Aveiro, especialmente españois da zona centro e oeste que linda con a fronteira portuguesa.
No meu caso levo unha semana completamente pechado na casa e atento as redes de noticias e os contactos con os meus compañeiros da universidade. Precisamente na Universidade de Aveiro onde traballo, comezaron a organizarse para axudar basicamente os servizos sanitarios e para facilitar o tele traballo. En relación con a axuda sanitaria, dende os departamentos organizaron recollida de material de todos os laboratorios para levar a hospitais e centros de saúde batas, luvas, máscaras de protección ou glicerol. No que se refire o traballo, o coordinadores dos grupos enviaron información diaria a través de correo electrónico y videoconferencias para impartir titorías e consellos de como impartir as clases dende plataformas do tipo Moodle, Microsoft Teams ou mesmo Facebook.
A miña posición na universidade, dedicada só como investigador no ámbito da física computacional, permíteme traballar e organizar o meu grupo de traballo dende casa. Con todo, o meus compañeiros de laboratorio experimental tiveron que pechar portas e dedicarse a escrita e lectura de artigos dende casa. Falando con algún dos meus colegas da Universidade que imparten docencia, comezaron esta semana a impartir clases virtuais dende as plataformas mencionadas anteriormente. De todas formas, aínda aparece algún problema de conexión, especialmente derivado da calidade de rede que cada un ten na casa e a sobrecarga a que se ven as propias plataformas virtuais. Tamén chegáronme noticias da docencia en secundaria con reunións virtuais entre profesores para organizar as clases e forma de avaliar e traballar con os alumnos e se está a avanzar con éxito neste sentido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario