martes, 7 de abril de 2020

Manuel Gesto | Dr. Licenciado en Ciencias do Mar | Hjørring

Licenciatura en Ciencias do Mar (2002) | UVigo
Doutor en Bioloxía Mariña e Acuicultura | UVigo
Vive en Hjørring (norte de Dinamarca) e traballa como Investigador na Universidade Técnica de Dinamarca (DTU)

A pandemia parece estar relativamente ben controlada por aquí. O goberno dinamarqués reaxiu bastante rápido e pecharon todas as institucións educativas hai case catro semanas. Despois pecharon tamén bares e restaurantes, centros comerciais e actividades que requiren contacto cercano, como perruquerías, etc. Sen embargo, ainda que hai medidas de confinamento para personas testadas positivas ou que tiveron contacto con elas, o resto da poboación non está confinada. O goberno só estabeleceu unha serie de recomendacións para o distanciamento social que, en xeral, son seguidas de xeito estrito por case todos os cidadáns.

Coma resultado das medidas, o número de víctimas mortais é relativamente baixo (187 ata hoxe, 7 de abril) e o número actual de ingresados nos hospitais leva xa varios días a diminuir. Tanto, que onte mesmo a primeira ministra confirmou os plans para comezar a volta á normalidade a partir do 15  de abril. Entre as primeiras medidas está, por exemplo, a reapertura das institucións educativas para cativos, xardíns de infancia e demais. O goberno estima que os hospitais están ben preparados para afrontar un posible repunte nas infeccións.

A nivel persoal, levamos varias semanas traballando desde casa sen grandes problemas. O máis difícil foi o paso da docencia presencial á telemática, pero tanto os profesores como alumnos tiveron unha adaptación soprendentemente rápida. Tamén faise difícil ver o que pasa en España estando tan lonxe…

En fin, un forte saúdo desde Dinamarca é ánimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario